Busca e xestión integral para compradores
A túa casa en Galicia.
Contigo, de principio a fin.
Ocupámonos do teu proxecto en Galicia, desde a busca ata a entrega da vivenda: compra, trámites e reforma cando sexa necesaria. Cun único interlocutor e un seguimento detallado, esteas onde esteas.
Solicitar unha reuniónSolicita unha reunión en liña totalmente gratuíta e sen compromiso.

Contigo, de principio a fin.
Presenza local. Xestión integral.
Presenza local. Xestión integral.

O teu proxecto precisa
máis ca unha busca.
Antes de presentar unha vivenda, estudamos o que suporía adquirila e preparala para o teu proxecto. Contrastamos o seu estado, a documentación e o custo global, incluída a reforma que poida precisar.
Ocupámonos da busca, as visitas, o asesoramento especializado, os trámites da compra e a xestión da reforma ata a entrega. Recibirás informes, fotografías e actualizacións de custos e prazos para seguir cada etapa sen necesidade de estar presente.
Coñece os nosos servizosUn servizo adaptado ao teu obxectivo
Que significa Galicia para ti?
A túa residencia habitual.
Valoramos os servizos, as conexións, o estado da vivenda e as súas necesidades de adaptación para que o traslado responda ás túas prioridades.
Definir o meu proxecto02 / VOLVERA túa segunda residencia.
Buscamos unha vivenda para gozar de Galicia, tendo en conta a súa accesibilidade, mantemento e o tempo que prevés pasar nela.
Definir o meu proxecto03 / INVESTIRUn proxecto de investimento.
Estudamos a propiedade e o uso previsto, os seus custos e as comprobacións necesarias. As decisións apóianse en información, non en promesas de rendibilidade.
Definir o meu proxectoCoñecemento do territorio

O valor de estar
sobre o terreo.
A busca non se limita aos portais inmobiliarios. Contactamos con propietarios, profesionais e colaboradores locais para identificar tamén oportunidades que non se anunciaron nas canles habituais.
Contrastamos cada opción co encargo acordado e trasladámosche unha valoración clara das súas posibilidades, limitacións e seguintes pasos.
Por que traballar connoscoConsulta inicial
Un proxecto ben definido.
Un proceso ben xestionado.
Solicita unha reunión en liña totalmente gratuíta e sen compromiso.
Solicitar unha reunión