Criterio, presenza e continuidade

Por que nós?

Un servizo pensado para quen quere desenvolver o seu proxecto en Galicia sen asumir en solitario toda a xestión.

Vivenda fronte ao mar en Nemiña, Galicia

A vivenda e a súa contorna valóranse como un conxunto.

01

O comprador como punto de partida.

A busca defínese a partir das túas necesidades, non dun catálogo pechado. Cada opción debe xustificar o seu encaixe co proxecto.

02

Acceso ao territorio e aos seus contactos.

Ademais das canles habituais, traballamos con propietarios e colaboradores locais para identificar oportunidades que aínda non se anunciaron.

03

Un único interlocutor.

A mesma persoa á fronte do encargo, desde a primeira reunión ata a entrega. Terás acceso á documentación, aos informes de visitas e ás actualizacións do proxecto sen necesidade de estar presente.

04

Información para decidir.

Presentámosche as posibilidades e limitacións de cada opción. O obxectivo é facilitar decisións fundamentadas, non acelerar unha compra a calquera prezo.

05

Continuidade despois da compra.

A xestión non remata en notaría. Ocupámonos da reforma que precise a vivenda e da súa posta a punto, con seguimento ata a entrega.

Un equipo coordinado

Unha dirección común.

Detrás de Vivir no Rural hai un equipo de profesionais que traballa de forma coordinada, non unha cadea de intermediarios. A primeira reunión permite coñecer como se dirixirá e acompañará o teu proxecto.

Coñecer o proxecto

Consulta inicial

Un proxecto ben definido.
Un proceso ben xestionado.

Solicita unha reunión en liña totalmente gratuíta e sen compromiso.

Solicitar unha reunión